Ir o contido principal

Abre unha nova convocatoria de bolsas de formación en materia de museos

Abre o prazo para presentarse ás bolsas de formación en materia de museos, convocadas pola Orde do 2 de decembro de 2021 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 243 do 21 de decembro e que se pode consultar íntegra nesta ligazón.

Ata o 21 de xaneiro é posible enviar a solicitude para optar a unha das vinte bolsas de formación convocadas. Cada bolsa ten unha duración de seis meses, prorrogables outros seis.

A finalidade das bolsas é proporcionar unha formación teórico-práctica que, engadida á formación académica, contribúa a completar o currículo académico. O persoal bolseiro realizará a súa actividade en diversos museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Será tutelado, dirixido e coordinado polos servizos técnicos da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos.

Toda a información relacionada pode consultarse na sección de "Xestión" deste portal, no apartado de "Bolsas e  subvencións".