Ir o contido principal

Centro de interpretación da Música de raíz

Centro de interpretación da Música de raíz

O museo

O Centro de Interpretación da Música de Raíz atópase na aldea da Seara, Concello de Quiroga, nunha contorna natural de grande beleza paisaxística en pleno Xeoparque Mundial Montañas do Courel. A Seara é unha das aldeas máis representativas da serra do Courel. Aldea de orixe medieval, conta cun patrimonio arquitectónico que mostra as principais características da arquitectura de montaña, constituíndo un magnifico conxunto de interese etnográfico.

O centro de interpretación é un espazo dedicado á preservación e difusión da música tradicional galega, os seus instrumentos e saberes asociados. Define a música como parte da identidade e memoria colectiva, e ofrece unha experiencia para escoitar, tocar e sentir os sons que acompañaron á vida das comunidades galegas ao longo do tempo.

https://www.fundacionlegar.org

Lugar da Seara – Santa María Magdalena, núm. 89A
27328, Quiroga

Tlf. 622 832 227 / 667 380 576
info@fundacionlegar.com

Horario


Venres: de 18:00 a 20:00 horas
Sábados: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Domingos e festivos: de 10:00 a 14:00 horas


Tarifas


Entrada xeral: 3 €
Menores de 3 anos: 1 €
Obradoiros básicos: 12 € por persoa