Ir o contido principal

Museo Municipal Manuel Torres

O museo nace ao carón da doazón do seu benfeitor, o pintor Manuel Torres Martínez, dunhas 77 obras ao Concello de Marín. Manuel Torres naceu en Marín en 1901. Influído principalmente por Carlos Maside, a quen lle unía unha grande amizade, traballa en xornais con viñetas e debuxos nos que se deixa ver a súa admiración polo estilo e sátira de Castelao.

A súa ampla traxectoria abarca case tódalas disciplinas e correntes: paisaxes, bodegóns, retratos e gravados, ademais de numerosos debuxos a lapis, tinta e esculturas. As outras salas recollen exposicións temporais de artistas plásticos contemporáneos e artesáns.

http://www.concellodemarin.es

Avda. de Ourense, s/n
36900 , Marín

Tlf. 986891186
Fax 986890452

museo.torres@concellodemarin.es

Horario

De martes a venres: de 11 a 14 e de 18 a 21 h
Sábados e domingos: de 11 a 14 h
Pechado luns e festivos


Tarifas

Entrada gratuíta