Do 25 de febreiro ao 13 de xuño do 2021 Pauline Oliveros. Restrospectiva

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

O CGAC, en colaboración co C3A de Córdoba, presentará en 2021 a primeira mostra retrospectiva da compositora estadounidense Pauline Oliveros (Houston, Texas, 1932-2016).

Pauline Oliveros é unha pioneira da música electrónica e creadora do concepto de deep listening (escoita profunda). Nos anos sesenta participa na fundación do San Francisco Tape Center, do que será primeira directora trala súa integración no Mills College. O seu traballo no ámbito da improvisación, a meditación, a performance, a música electrónica e o seu labor como académica, editora e activista desbordan calquera intento de clasificación. A súa investigación ao redor da escoita e o son culmina coa creación da Deep Listening Band e a fundación do Deep Listening Institute, actualmente coñecido como Center for Deep Listening en Rensselaer (Troy, Nova York).

Pauline Oliveros colaborou con moitos dos grandes músicos, coreógrafos e artistas da súa época, entre os que están Steve Reich, John Cage, David Tudor, Merce Cunningham, Elaine Summers, Alison Knowles, Allan Kaprow, Paula Josa-­Jones, Deborah Hay, Sonic Youth, Susan Marshall e Ione.

A mostra inclúe unha selección de documentos inéditos, fotografías, gravacións e audiovisuais mediante os cales se percorre a traxectoria creativa desta compositora.

Galería

  • Pauline Oliveros. Restrospectiva

  • Pauline Oliveros. Restrospectiva

  • Pauline Oliveros. Restrospectiva

  • Pauline Oliveros. Restrospectiva

  • Pauline Oliveros. Restrospectiva