Ir o contido principal

O soño cubano da emigración galega

"O soño cubano da emigración galega" é unha mostra promovida polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

Esta exposición recolle a importancia e dimensión da comunidade inmigrante galega na Habana desde a primeira metade do século XIX. Ten como fin narrar e recrear as fases e accións principais da emigración galega, desde a súa chegada ata o seu retorno, pasando polo asociacionismo, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada da inmigración galega, xa que as súas actividades, centros e festas tiñan unha gran visibilidade na sociedade e na cultura cubanas.

A mostra pode verse na sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia, de martes a domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.