Ir o contido principal

Desde marzo de 2014 A moeda romana como documento A colección numismática do Museo do Castro de Viladonga

Paneis da exposición "A moeda romana como documento"

A exposición consta de seis paneis nos que se explica con imaxes e textos a orixe da moeda, o seu proceso de fabricación e os elementos que a compoñen. A colección de moedas do Museo do Castro de Viladonga é analizada nesta mostra: resúmense os tipos de moedas e etapas históricas representadas, que van do século I a.C. ata finais do IV d.C. Un gran panel ilutra a cronoloxía completa desta colección numismática.