Ir o contido principal

Lalibela. Cerca do ceo Exposición de fotografías de Cristina García Rodero, froito dun proxecto persoal que leva a cabo en Etiopía entre os anos 2000 e 2009.

Cristina García Rodero, fotógrafa cunha longa traxectoria profesional que a leva a formar parte de Magnum Photos en 2005, presenta con "Lalibela. Cerca do ceo" unha compilación de fotografías do proxecto que leva a cabo en Etiopía entre os anos 2000, 2004 e 2009. Dentro dese país, quedou especialmente fascinada coa cidade de Lalibela, situada no corazón das montañas de Etiopía, e considerada como sagrada polos etíopes.

Alí acoden cada ano miles de peregrinos, especialmente coincidindo coa festa do Timkat (a Epifanía), para venerar os tabot (cofres que encerran unha copia da sagrada Arca da Alianza) e para unxirse coa auga bendita.

Nas imaxes de García Rodero podemos observar tanto a beleza e peculiaridade das igrexas medievais, a paisaxe e as rochas, como a riqueza das cerimonias e os ritos que alí se celebran. As súas fotografías introdúcenos nunha viaxe simbólica por esa terra santa, esa cidade bíblica.

Ligazóns