Ir o contido principal

Identidades, as artes para a inclusión social

Identidades, as artes para a inclusión social

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a exposición dos traballos realizados ao longo dos obradoiros do programa "Identidades. As artes para a inclusión social.

"Identidades, as artes para a inclusión social" é unha experiencia sociocultural iniciada en 2018, e promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña baixo a coordinación e supervisión do equipo técnico do museo, e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña e a Área de Bienestar do Concello da Coruña

Destinado a colectivos en situación de vulnerabilidade, o proxecto pretende facer unha reflexión e tomar conciencia das raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva.

O medio para lograr este obxectivo será a posta en marcha dunha serie de obradoiros de artes plásticas impartidos por unha selección de artistas da cidade, nos que traballarán diferentes técnicas (debuxo, escultura, colaxe, gravado, pintura, etc) para representar, a través dos xéneros artísticos, as distintas formas de asumir a identidade de cada un, da súa contorna e espazo, dos seus obxectos emotivos ou simbólicos, dos episodios do seu pasado e presente e das emocións que todos estes elementos lles provocan.

Edición 2022:

  • Temática: o autorretrato, a paisaxe e o bodegón
  • Artistas invitados: Héctor Francesch, Óscar Cabana, Luisa Valdés, Lara Pintos, Bea Lema, Faura Balsa, Jano Ilustra, Iria do Castelo, Manel Cranio e Isabel Pintado.
  • Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, grupos de Cruz Vermella (a través dos programas Empezar de 0, Muller en risco e Migrantes), Hogar de Santa Lucía, Hogar Sor Eusebia, Centro Ocupacional Pascual Veiga, Amigonianos, ACCEM, e Fundación Juan Soñador.