Ir o contido principal

Do 18 de xaneiro ao 31 de decembro do 2019 Homo sapiens, transmisor de coñecemento Saberes humanos a través do patrimonio nos Institutos Históricos de Galicia

A exposición temporal do Museo Pedagóxico de Galicia "Homo sapiens, transmisor de coñecemento" busca amosar e poñer en valor os fondos histórico-educativos que se atopan na actualidade nos Institutos Históricos de Galicia.

A mostra reúne un total de 42 pezas, entre as que se encontran aparellos para a experimentación nos laboratorios de física e química, láminas, caixas didácticas ou modelos anatómicos dos gabinetes de Historia Natural, e mesmo fondos artísticos ou bibliográficos, como o primeiro tomo da Encyclopédie de Diderot e D’Alembert, que saen por primeira vez destes centros educativos para ser expostas conxuntamente.

A mostra pódese visitar gratuitamente no horario de apertura do museo. Ademais, ofrécense visitas guiadas, tamén de balde, a grupos de máis de dez persoas.