Emilia Pardo Bazán Debuxos orixinais da banda deseñada "Emilia Pardo Bazán".

A Casa Museo Emilia Pardo Bazán acollerá ata finais de maio a exposición das ilustracións orixinais do álbum de banda deseñada sobre a vida de Emilia Pardo Bazán asinado pola escritora Alicia Palmer e a ilustradora Weronika Hańczyc.