Ir o contido principal

Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela

O venres 22 de xaneiro ás 18 horas preséntanse a exposición, o cómic e o espectáculo de teatro con marionetas e música "Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela", da compañía compostelá Os monicreques de Kukas, dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Don Gaiferos de Mormaltán é o protagonista do romance popularizado por Faustino Santalices, que narra a viaxe deste peregrino francés ata a súa morte aos pés do apóstolo Santiago.

A exposición conta coa instalación de marionetas de fíos e decorados da versión da obra "Don Gaiferos" estreada en 1992, sinalando o decorado do Pórtico da Gloria, e deseños orixinais das diferentes versións da obra e planas orixinais do cómic editado no ano 1993.