Servizos
Tenda
Venda de publicacións propias na recepción do museo.
Biblioteca
Especializada en antropoloxía e historia, con varios legados (Sánchez Orriols, Rubén G. Álvarez, Meruéndano, Abrente, Emilio G. Fernández...) e con fondos documentais sobre o viño, o cine e o teatro. De interese é o fondo de documentación oral etnohistórica configurado mediante investigación de campo. Biblioteca de acceso libre.
Consulte o catálogo da biblioteca
Blog da Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia
Reproducións fotográficas
A obtención de imaxes de fondos do museo está dispoñible para fins académicos, de investigación, difusión e publicacións, baixo expresa autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, mediante un formulario que se facilita no propio Museo.
Outros servizos
- Gardarroupa
- Folletos en varios idiomas
- Organización de eventos corporativos.