Ir o contido principal

Outras actividades

LecturArte

LecturArte Club de lectura. Primavera 2026

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha nova edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

XVII Premio Atlante de Gravado

XVII Premio Atlante de Gravado

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital convocou a edición de 2025 do Premio Internacional Atlante de Gravado, que aglutina os seguintes galardóns, ademais de comportar a edición das obras distinguidas:

Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €

Tres premios dotados con 2.500 € cada un

Un premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un/unha artista nado/a ou residente en Galicia

Un premio para artistas menores de 25 anos na data da convocatoria do premio, dotado con 2.000 €.

 

RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC

RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC

O obxectivo deste programa é fomentar e facilitar o diálogo entre o público e a arte contemporánea co ioga como ferramenta para a mediación.

Ao longo do ano levaremos a cabo unha serie de sesións de ioga que terán como marco e como inspiración as exposicións de artistas como Carlos Pazos, Lluís Hortalà, Alexandra Ranner ou Jannis Kounellis.

Esta actividade, que conxuga a práctica do ioga e a experiencia da arte, explora os nexos entre aspectos como o simbolismo, a abstracción, a experimentación, a emoción ou a contemplación, que comparten ambas disciplinas.

Actividades en xaneiro

Actividades en xaneiro O Museo Provincial de Lugo presenta varias actividades programadas para o mes de xaneiro en distintos centros

- 14 de xaneiro: Presentacióndo Fotolibro do Colectivo Ruando. Na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos, ás 20:00 h.

- 27 de xaneiro: Hackea a túa visita! Diálogos en clave descolonial pola RMLP, dentro do programa Cultura que coida e da luz. No Museo do Pazo de Tor ás 11:00 h, e no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, ás 16:30 h.

- 27 de xaneiro: Inauguración do proxecto "Constelación na campá das ánimas", dentro do programa Cultura que coida e da luz. Museo Fortaleza de San Paio de Narla, ás 18:00 h.

Actividades no Museo Liste. Programación

Actividades no Museo Liste. Programación Actividades e exposicións no Museo Liste para o primeiro trimestre do ano

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o primeiro trimestre de 2026, de xaneiro a marzo.

O programa inclúe información sobre:

As exposicións temporais "Iconografía do Nadal", e a celebración do Entroido con "Ao entroidar, no só máscaras has de levar" e "Identidade/Outredade: a cultura enmascarada", máis aló da celebración.

Subscribirse a Outras actividades