Ir o contido principal

Casa Museo Rosalía de Castro

Casa Museo Rosalía de Castro

O museo

No ano 1947 créase o Padroado Rosalía de Castro co fin de recuperar a Casa da Matanza. Esta foi restaurada no ano 1971 e na actualidade é propietaria da mesma a Fundación Rosalía de Castro, que continúa o labor que comezara o Padroado. Entre os obxectivos primordiais da fundación están o coñecemento da figura e obra da escritora ao mesmo tempo que difundir a do seu marido, o historiador Manuel Murguía, ademais de encargarse da conservación da Casa-Museo e do Panteón da escritora situado na Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago.

Dedicada á lembranza de Rosalía de Castro, esta casa na que viviu co seu marido e os seus fillos e na que morreu en 1837 está rodeada dun espazo verde que naqueles tempos era unha horta e hoxe é unha recreación dun xardín da época. O interior está composto por dúas plantas. A planta baixa está destinada a recepción e un achegamento á importancia literaria da figura da escritora. A primeira planta, denominada O Seu, é unha recreación ambiental dunha casa rural da época, entre labrega e fidalga, cunha cociña, o comedor, dous dormitorios e unha biblioteca. Tamén poden verse dúas vitrinas con distintas edicións das súas obras e unha gran variedade de obxectos que son testemuño da importancia da súa figura.

http://rosalia.gal

A Matanza s/n
15970 , Padrón

Tlf. 981811204
Fax 981811294

fundacion@rosaliadecastro.gal

Horario

Horario de verán (xullo a setembro):
De 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
Resto do ano:
De 10 a 13:30 h e de 16 a 19 h.
Domingo e festivos de 10 a 13:30 h.
Luns pechado


Tarifas

Individuais: 2 €
Grupos de máis de 20 persoas: 1,20 €
Colexios (maiores de 6 anos): 1 €
Colexios (menores de 6 anos): gratuíta