Ir o contido principal

Casa Museo Emilia Pardo Bazán

Casa Museo Emilia Pardo Bazán

O museo

O museo está situado na antiga residencia na Coruña da familia Pardo Bazán, que tamén é a sede actual da Real Academia Galega. Así o decidiu a derradeira das descendentes da escritora, a súa filla Blanca Quiroga, asinando un texto de doazón que fala de enaltecer e perpetuar a memoria da eximia polígrafa e escritora galega.

Emilia Pardo Bazán (1851, A Coruña - 1921, Madrid) é unha das grandes das letras españolas; entre as súas obras destaca Los Pazos de Ulloa (1886), pero tamén é precursora e colaboradora de numerosas iniciativas a prol da cultura galega, destacando o seu espírito independente e proto-feminista.

En xeral, a visita ao museo supón un recoñecemento a un pazo urbano típico do século XIX. En particular, preséntase aquí a figura de Pardo Bazán a partir de obxectos auténticos que dan información sobre a aristocracia da familia que se rodeou deles, en moitos casos pezas mestras: unha escultura de María Luísa Roldán, dous Madrazos, un Sorolla, a vaixela de Limoges, a cristalería de La Granja, abanos antigos, incluso a reconstrución dun vestido. Desde o salón de recibir ata o gabinete de traballo, todas as estanzas amosan información para a mirada atenta.

O museo pretende que a visita sexa dinámica e propón distintas actividades en función das características das persoas que o visitan co fin de achegar a obra e a figura de Emilia Pardo Bazán.

http://casamuseoemiliapardobazan.org

Rúa Tabernas, 11
15001 , A Coruña

Tlf. 981207308
Fax 981216467

casamuseoepb@academia.gal

Horario

Verán (xullo e agosto)
Luns a venres de 9 a 15h.
Inverno:
Luns a venres de 10 a 14h. e de 16 a 20h.
Pechado os venres á tarde e as fins de semana


Tarifas

Entrada gratuíta