Ir o contido principal

11 de novembro - 12:30h Un museo coa música Conmemoración do 8º aniversario da inauguración da sede do museo en Praterías

DÍA DO MUSEO 2023

O Museo das Peregrinacións e de Santiago empapa de música Praterías para celebrar os 8 anos da apertura da sede.

Con motivo do 8º aniversario da apertura da sede de Praterías, o Museo das Peregrinacións e de Santiago celébrao enchendo de música as salas do museo. Ao longo da xornada do sábado 11 de novembro, varios artistas amenizarán a visita de todas aquelas persoas que se achegen á exposición do centro. A música é un elemento consubstancial do patrimonio cultural e dende o museo queremos mostrarlle á cidadanía a súa importancia.

PROGRAMA

Macarena Montesinos

Violonchelo

12:30 a 13:30 horas

Ariel Ninas

Zanfona

16:30 a 17:30 horas

Alba Barreiro

Arpa

17:30 a 18:30 horas

Miguel Fraile

Sitar

18:30 a 19:30 horas