21 de maio - 11:00h Os nexos que non unen Obradoiro de cestería colaborativa
Como parte da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o Museo das Peregrinacións e de Santiago organiza un obradoiro de cestería colaborativa co título de “Os nexos que nos une”. Será impartido nos soportais do museo por Julia de la Cal, aberto para que calquera persoa poida participar e experimentar co traballo do vimbio para ir construíndo entre todos unha estrutura que simbolizará a unión fraternal estre as persoas, e que unha vez rematada poderá ser trasladada ao Museo.
Outras actividades programadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos no Museo das Peregrinacións e de Santiago son:
Mércores 18
Estrea do documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00 h
Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h
Actuación para toda a familia: Cé Orquestra Pantasma. 18:00 h
Xoves 19
Documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00
Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h
Venres 20
Documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00
Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h
Obradoiro de fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Impartido por: Olivia Arthur e Carla Andrade. 16:00 a 19:30 h
Conferencia sobre fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Presentación pública Olivia Arthur e Carla Andrade moderada polo comisario Nicolás Combarro sobre o proxecto. 20:00 h
Sábado 21
Obradoiro de fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Impartido por: Olivia Arthur e Carla Andrade. 10:00 a 14:00 h
Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h
Conferencia: «Vida de músico na Galiza medieval». 19:00 h
Domingo 22
Obradoiro “Torques castrexos”. 11:00 h
Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h