Ir o contido principal

4 de agosto - 09:30h Foro Profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS 22 Intercambio de experiencias e coñecementos sobre o tratamento dos instrumentos musicais artesáns

O vindeiro xoves 4 de agosto, dentro do programa de actividades do FESTIVAL MÚSICA NO CLAUSTRO, levarase a cabo este Foro na Catedral de Tui,  realizado co apoio da Xunta de Galicia a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Música no Claustro convoca a segunda edición do foro profesional de instrumentos musicais. Dende unha perspectiva patrimonial e intersectorial, RESONANCIAS 22 dá continuidade a temas tratados na anterior edición, como a investigación, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais históricos, xunto ao desenvolvemento e innovación nas técnicas e materiais de construción.

Ademais do apoio da Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia, cóntase coa colaboración de moitas entidades relacionadas coa temática, como son a Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais LABRA, o Museo Catedralicio Diocesano TUDE, o Museo de Instrumentos Musicais Santa Cecilia da Universidade de Edimburgo; así como do Concello de Tui, a través  da Concellaría de Cultura e Ensino; a Junta de Andalucía, a través do Centro Albayzín de Referencia Nacional da Artesanía; a Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, e o Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais.

DIRIXIDO A:

- Persoas con perfís vencellados aos oficios artesanais e a construción de instrumentos musicais.

- Artistas, intérpretes musicais e profesionais da xestión cultural e conservación de coleccións e institucións museísticas.

- Profesionais da industria musical e outras empresas transversais.

- Estudantes e profesorado de ámbito académico en áreas de musicoloxía, etnomusicoloxía, historia da arte, ou xestión do patrimonio cultural, así como disciplinas técnicas de enxeñaría.

Programa:

PROGRAMA:  

 9:30h. Café de benvida e dinámicas de presentacións profesionais

10:00h. Conferencia e encontro con Jonathan Santa Maria Bouquet, conservador do Museo de Instrumentos Musicais Santa Cecilia da Universidade de Edimburgo, e doutor en Filosofía da Música coa tese Reconstructing a lute by Sixtus Rauwolf.

11:00h. Presentación de Labra - Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais: Francisco Luengo e Pablo S. Otero.

11:30h. Mesa redonda intersectorial sobre o emprego de madeiras galegas na construción de instrumentos musicais. Con Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal – XERA, Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia – CIS e José Catoira, artesán.

12:30h. Pausa-café   

13:00h. Conferencia e encontro con Antonio Suárez Martín, director do Centro Albayzín: Escola de formación profesional do Servicio Andaluz de Empleo e Centro de Referencia Nacional de Artesanía.

14:00h. Pausa xantar   

16:30h. Conferencia e encontro con Elena Vázquez, conselleira técnica da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.

17:30h. Sería posible construír unha musette en Galicia? Encontro con Nadia Vázquez Martínez, intérprete e investigadora musical pola LUCA School of Arts - Campus Lemmens (Bélxica).

18:00h. Estudo e restauración do óboe barroco Thomas Stanesby Senior da Catedral de Tui: Oli Xiráldez, artesán e David Garrido, oboísta.

18:30h. Mesa redonda: a presencia de mulleres nos obradoiros de instrumentos musicais. Con Ana Fariña, Julia Marín Ramírez e Saínza Seivane, artesás.

19:30. Descanso

21:00h. Concerto “A musette no século XVIII” de Nadia Vázquez Martínez, en conmemoración dos 300 anos do retablo da Expectación da Catedral de Tui.

 

Para a inscrición e máis información, premer nesta ligazón

https://www.musicanoclaustro.com/p/resonancias-22.html