Ir o contido principal

Do 23 de abril ao 24 de abril do 2024 - 10:00h Celebración do Día do Libro 2024

A biblioteca do Museo celebra o Día do Libro coas seguintes actividades programadas (preme na ligazón para saber máis)

  1. Bookcrossing (liberación de libros). Comezaremos o día 23 liberando catálogos das exposicións do museo nos arredores da nosa sede de Praterías. A biblioteca do museo, un ano máis, únese no Día do Libro a este cruce de publicacións que organiza Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz, e no que participan máis de medio centenar de museos e centros de arte de Galicia e toda España.
  2. Exposición virtual Lecturas recomendadas. Para celebrar o Día do Libro, nada mellor que ler. Por isto fixemos unha exposición virtual cunha selección de publicacións recomendadas entre as nosas últimas adquisicións que presentamos o día 23 na páxina web e nas redes sociais.
  3. Presentación do novo centro de interese na biblioteca, Aspectos filosóficos do Camiño. A biblioteca organiza pequenas mostras periódicas de publicacións relacionadas con diferentes aspectos da súa temática. Nesta ocasión a materia elixida son os aspectos filosóficos do camiño e do feito de camiñar, entroncando con tradicións de pensamento que veñen xa da Idade Media.