Skip to main content

Centro Etnográfico O Seixidal

Centro Etnográfico O Seixidal

The museum

O Centro Etnográfico O Seixidal, como centro de interpretación do patrimonio cultural, reviste interese tanto desde o punto de vista do patrimonio material como inmaterial e contribúe a achegar coñecemento á cidadanía sobre elementos do patrimonio etnográ-fico de Galicia, en particular sobre un xeito de vida tradicional case desaparecido na ac-tualidade pero que aínda forma parte da nosa memoria colectiva e da nosa identidade cultural.

Este centro recupera a memoria dunha forma de vida a nivel doméstico, na intimidade dos fogares, pero sobre todo a vida na aldea e a explotación dos recursos agrícolas de xeito colectivo. Esta participación colectiva nas tarefas agrícolas da aldea xeran tradi-cións que traspasan o ámbito laboral e favorecen a creación dun folclore que abarca a vestimenta, a música, os xogos... 

Está presente tamén, xa desde a mesma denominación da aldea e do centro, o aprovei-tamento dos recursos naturais da comarca: o seixo, como mineral protagonista das construcións do lugar.

O centro de interpretación está formado por tres edificacións (antigas vivendas), un au-ditorio ao aire libre e unha zona de parcela dedicada a árbores froiteiras e outra a plan-tación de cereal. Estas edificacións mostran o tipo de construción, funcionamento e usos das vivendas tradicionais galegas e así mesmo son o punto de partida para o aproveita-mento da leira na que se sitúa recuperando plantacións tradicionais, árbores autóctonas e usos perdidos dos terreos.

O centro organiza diversas actividades para todos os públicos, sobre todo nos espazos ao aire libre, con diversos obradoiros sobre o pan, a cestería, a poda, etc.

A actividade máis importante é a malla. É o evento referente no Seixidal, celebrado anualmente en setembro desde hai seis edicións. Nesta xornada realízase unha demos-tración real coas máquinas e motores da colección para separar o gran de trigo da palla. Unha maneira de poder ver o funcionamento destas máquinas que se movían de aldea en aldea de maneira itinerante para este traballo comunitario. A festa culmina coa for-mación dun gran palleiro que permanece no campo durante todo o ano e un xantar popular.

Lugar do Seixidal
15565, As Somozas

Tlf. +34 981 404 101
alcaldia@assomozas.es

Schedule

Todos os xoves de 16:00 a 20:00 horas.
Fóra dese horario, o centro abrirá baixo demanda para grupos previa cita a través de contacto co Concello das Somozas.
Tamén abrirá para determinados eventos e días especiais durante o ano.


Fees

Entrada gratuíta