Filatelia, Patrimonio e Museos
Con motivo da presentación do selo conmemorativo do Museo Etnolóxico, presentado oficialmente e posto en circulación o 17 de maio de 2014 na Romaría Raigame en Vilanova dos Infantes, pódese visitar nas salas do museo a exposición Filatelia, Patrimonio e Museos que reúne unha serie de coleccións de diferentes membros da Sociedad Filatélica, Numismática y Vitolfílica Miño. na que se mostran exemplos do coleccionismo desenvolvido polos membros desta sociedade, con series temáticamente moi ligadas ás inquedanzas deste museo:
- no centro da sala a colección do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense sobre "Xaquín Lorenzo "Xocas";
- a colección de selos sobre "O hórreo" como elemento importante da arquitectura rural galega;
- a colección "De oficio, afiador" continuada pola colección que ilustra unha pequena historia sobre "A roda";
- dúas coleccións que ilustran a economía e a cultura da comarca na que se asenta o Museo Etnolóxico: "Viños de Galicia" onde se ilustran e documentan as Denominacións de Orixe, continuada con outra colección sobre "O Ribeiro" con especial referencia ás distintas edicións da Feira do Viño do Ribeiro;
- a colección sobre "Museos e Filatelia";
- remata esta exposición a colección sobre o "Día das Letras Galegas".