Ir o contido principal

Museo Galego do Xoguete

Museo Galego do Xoguete

O museo

Situado na planta baixa do pazo dos antigos xulgados, este museo foi creado en 1995 polo Concello de Allariz grazas á doazón da colección de Alberto Oro Claro, veciño da vila, que durante anos foi quen de buscar, mercar e conservar máis de 600 pezas. Dende entón, moitas persoas seguiron a doar xoguetes, chegando na actualidade a contar cun fondo museístico de preto de 1.500 pezas representativas dos xoguetes do século XX.

Dende o ano 2013 o museo viviu unha profunda remodelación para continuar a ser un espazo no cal os maiores poden lembrar o seu pasado, e os nenos e nenas, descubriren a que xogaban os seus pais e avós, nunha colección que, na actualidade, vai dende 1910 a 1978.

http://www.museogalegodoxoguete.com

Rúa O Portelo, 4
32660 , Allariz

Tlf. 988440859
Fax 988440859

museos@allariz.com

Horario

Horario de inverno
Sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00
Xaneiro: pechado
Horario de verán
De martes a domingo e festivos: de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00
Horario de Semana Santa: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Visitas guiadas a grupos fóra dos horarios establecidos: concertar no teléfono 988 442 006 ou en reatur@allariz.com


Tarifas

Entrada individual: 2 €
Bono para os 3 museos (Museo Galego do Xoguete, Museo do Coiro e Museo da Moda): 3 €
Entrada gratuíta se presentas a Tarxeta de Cidadanía e para nenos/as de ata 4 anos