Ir o contido principal

Inscrición previa

Os xoguetes de antes

Os xoguetes de antes Obradoiros creativos para nenas e nenos durante as vacacións do Nadal

O Museo Etnolóxico organiza dous obradoiros para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, para fomentar a creatividade mentres se xoga con materiais. As propostas son as seguintes:

- O 23 de decembro: Unha oliña para agasallar. Un obradoiro de cerámica, elaborando e decorando unha pequena vasilla.

- O 30 de decembro:Tecidos de Nadal. Un obradoiro de teares, creando decoración navideña empregando la como material.

 

Obradoiros e visitas guiadas

Obradoiros e visitas guiadas Programación gratuíta para centros escolares

Co comezo do novo curso escolar, o Museo Massó ofrece un amplo programa gratuíto de obradoiros didácticos e visitas escolares, deseñado sobre unha gran variedade de temas e para niveis de ensino dende a educación infantil ata o bacharelato.

Pódense consultar a oferta de obradoiros e o xeito de facer a reserva, nesta ligazón da páxina web do museo

O téxtil na antigüidade

O téxtil na antigüidade Obradoiro no Castro de Viladonga

Ábrese o prazo de inscrición deste novo obradoiro en Viladonga, nesta ocasión para coñecer un pouco máis do tecido na antigüidade.

Haberá dúas quendas, unha pola mañá, de 10:00 h. a 14:00 h. e outra pola tarde de 16:00 h. a  20:00 h, a cargo de Miriam Fernández.

A inscrición pódese facer no teléfono 982 87 01 60

Cestería de colmo

Cestería de colmo Obradoiro para recuperar unha das técnicas máis antigas de cestería

O obradoiro consiste en facer un cesto de colmo. Dirixido pola artesá Lola Tourón, os/as participantes recollerán a silva na contorna do castro para despois cestear co como e a silva. É unha técnica moi lenta por iso se necesitan dous días...

DATAS: sábado e domingo días 15 e 16 de novembro de 2025

HORA: sábado e domingo: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 h

Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160

Danzas do mundo

Danzas do mundo Día do Museo 2025. Celebración do décimo aniversario do museo

Todos os públicos

Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa

As danzas tradicionais son unha das formas de arte máis antigas e forman parte dos bens culturais da humanidade. Nesta sesión práctica de iniciación a ritmos e danzas de diferentes culturas, Pilar Conde, da escola Danzalia Mundi, convidanos a descubrir o estimulante que pode ser esta actividade colaborativa, compartindo e gozando xuntos.

 

Día do Museo 2025. Celebración do décimo aniversario do museo

Día do Museo 2025. Celebración do décimo aniversario do museo Obradoiro de vidraría artística con Cristina Molares

Adultos

Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa

A artesá Cristina Molares, de Vidrieras Artísticas CosMo, desenvolverá un obradoiro de demostración no que irá explicando as técnicas empregadas e desenrolando os distintos procesos a seguir para a elaboración dunha vidreira. Ao final da sesión, entre os inscritos presentes, sortearase a vidreira realizada no taller.

 

Repostaría do Camiño de Santiago

Repostaría do Camiño de Santiago Día do Museo 2025. Celebración do décimo aniversario do museo

Adultos

Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa

A autora do libro Postres del Camino, proponnos unha viaxe polo Camiño a través da súa repostería tradicional, onde se mestura historia, simboloxía e gastronomía con degustacións guiadas, que farán desta unha actividade sensorial e interactiva. O Camiño visto como cruce de culturas… e sabores.

Arte, memoria e museos

Arte, memoria e museos Encontro sobre a memoria nos museos galegos

Galicia foi o primeiro territorio de España onde se levou a cabo unha musealización da memoria e produciuse no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, declarado BIC o pasado 26 de setembro de 2025. Aínda que isto comezou o camiño da reconciliación discursiva que alí se facía, co paso dos anos, Galicia non recibiu ese recoñecemento que merece na musealización da memoria, non se valorou desde esta perspectiva conxunta, quizais por mor da falta de liñas estratéxicas e plans de actuación.

Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo

Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo Análise da figura de Díaz Pardo no marco da exposición "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

O Museo de Belas Artes da Coruña, no marco da exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo", organiza unha xornada científica que reúne unha serie de especialistas cos que poder analizar e afondar no coñecemento da figura de Isaac Díaz pardo desde un punto de vista actualizado e interdisciplinar. 

Subscribirse a Inscrición previa