Arqueoloxía en Monodose
Arqueoloxía en Monodose Arqueoloxía na provincia de Ourense
No mes de outubro, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.
Nesta ocasión, Martiño Xosé Vázquez Mato será o poñente de "Desenterrando Antioquía. 4000 anos de historia en 16 hectáreas", o relato do xacemento do Castelo no concello de Vilar de Barrio (Ourense). Un xacemento que presenta un depósito arqueolóxico de gran extensión e cunha longa ocupación no tempo: dende a Idade do Bronce ata a época galaico-romana.