Ir o contido principal

Entrada de balde

Universo Cantigas

Universo Cantigas Unha edición monumental que recupera e achega ao presente as nosas cantigas medievais.

A poesía medieval galego-portuguesa protagoniza este encontro arredor de Universo Cantigas, unha edición monumental que recupera e achega ao presente as nosas cantigas medievais.

Cantigas de Amor reúne as 704 cantigas de amor transmitidas polos cancioneiros medievais.

Cantigas de Amigo recolle as 501 cantigas de amigo conservadas na tradición manuscrita.

Peza do mes: Cruz embolada, castro de San Vicenzo, Avión

Peza do mes: Cruz embolada, castro de San Vicenzo, Avión Presentación e publicación virtual mensual para profundar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o mércores 10 de xuño ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo arqueolóxico) para ser tratada de maneira pormenorizada e darlle maior visibilidade, profundando no seu contexto e características, datas, filiacións etc., e reforzar así o seu valor.

Presentación do libro de Manuel Núñez Fiuza

Presentación do libro de Manuel Núñez Fiuza Cando fun paxaro

Presentación do libro Cando fun paxaro de Manuel Núñez Fiuza, coa participación do artista José Antonio Fondevila, autor das ilustracións, de Uxío Grande Sierra, prologuista, e o acompañamento musical de Maximino Míguez.

O acto de presentación terá lugar no Museo Ramón María Aller de Lalín o xoves 4 de xuño, ás 20:00 horas.

Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: o mosteiro de San Xoán de Camba

Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: o mosteiro de San Xoán de Camba Arqueoloxía en Monodose

O luns, 1 de xuño, conferencia de Manuel García Cabo: Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: o mosteiro de San Xoán de Camba, ás 19.30 h. no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense).

Nas últimas campañas de excavación detectánose numerosos enterramentos medievais, así como unha estructura anterior tardorromana ou xermánica, o que indica unha posible orixe tardoantiga para o conxunto monástico. D e ser así, San Xoan de Camba afondaría as súas raíces no inicio cenobítico da Ribeira Sacra.

Peza do mes: Placa de cinto de As Chás (Oímbra, Ourense)

Peza do mes: Placa de cinto de As Chás (Oímbra, Ourense) Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o mércores 13 de maio ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo arqueolóxico) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Subscribirse a Entrada de balde