Arte segreda
Arte segreda Obradoiros en familia
Como todos os anos, o Museo organiza obradoiros para levar a cabo en familia. Nesta convocatoria céntranse no Barroco, que, polas súas características (gran realismo, abundancia de temática relixiosa, forte contraste entre luces e sombras que lle confire unha certa tenebrosidade...) non adoita ser un dos movementos artísticos elixidos para achegar a arte aos nenos e ás nenas.