Ir o contido principal

Público infantil

Corseando con Bolechas

Corseando con Bolechas Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro no que se propón un achegamento á actividade corsaria e ao seu desenvolvemento en Galicia: a diferenza coa piratería, a súa regulación, as formas de actuar e os obxectivos.

Está pensado para nenas e nenos entre catro e seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Consulta máis en https://museomasso.xunta.gal/gl

Atrapad@s na rede

Atrapad@s na rede Unha actividade para que as nenas e nenos vexan aspectos relacionados co mundo do mar dun xeito diferente, como é o oficio tradicional de redeira

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos menores e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Os tesouros do galeón afundido

Os tesouros do galeón afundido Unha achega á arqueoloxía subacuática

Dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 9 anos. Trátase dun obradoiro desenvolvido dentro da iniciativa de educación sobre o patrimonio cultural subacuático que leva a cabo o Museo.

Proponse unha actividade lúdica desenvolvida dende a liña do descubrimento e o xogo para coñecer en que consiste o traballo da arqueoloxía subacuática dende a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos restos e formulación de hipóteses.

O obxectivo deste obradoiro é sensibilizar xa á xente máis nova sobre o valor cultural do patrimonio arqueolóxico somerxido.

O Nautilus de Lugrís

O Nautilus de Lugrís Obradoiros de verán no Museo Massó

Obradoiro de verán para participantes a partir de 8 anos de idade e menores acompañados.

Esta actividade xira ao redor da figura do pintor Urbano Lugrís e a súa vinculación co Museo e a familia Massó.

Proponse un xogo no que se trata de buscar en reproducións de cadros do pintor as pezas da colección do museo nas que se inspirou o artista para formar a súa particular iconografía.

Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó

Dirixido a nenas e nenos dende oito anos (e menores acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrique.

Explicaranse a súa orixe e aplicación, e cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal.

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Subscribirse a Público infantil