Reinterpretación de obras no Museo de Belas Artes

#aculturasegue #Museonacasa
Aproxímase a conmemoración do Día Internacional dos Museos e, xa que vai ser unha festa en circunstancias moi especiais, os Museos de Galicia van achegando as súas propostas.
O Museo de Belas Artes creou a iniciativa #Museonacasa para animar ás persoas a achegarse dun xeito máis lúdico a algunhas das súas obras. Pode participar calquera que o desexe (é apto para todas as idades). As persoas gañadoras poderán ver as súas creacións na web do Museo xusto antes de celebrar o Día Internacional dos Museos.
Estas son as condicións:
- Seleccionar unha das nove obras que propón o Museo.
- Crear e interpretar a obra cos materiais ou coas técnicas que se queiran, dando unha versión propia.
O prazo remata o 15 de maio.
As obras seleccionadas anunciaranse o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e subiranse á web oficial do Museo Belas Artes da Coruña.
Xa están chegando as primeiras obras! Pódense ver na conta do Museo en Facebook, onde tamén hai máis información sobre esta iniciativa.