28 de xaneiro do 2021 Peche temporal dos museos de titularidade e xestión autonómicas

 

Os museos de titularidade e xestión autonómicas permanecerán pechados ao público dende o 27 de  xaneiro ata o 17 de febreiro de 2021 en aplicación da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 16-Bis. Martes 26 de xaneiro de 2021. Páx. 4683).

Estes museos continuarán o seu labor de difusión cultural por medio das súas páxinas web e das súas redes sociais.