Ir o contido principal

O Pai Martín Sarmiento protagoniza a "Peza do mes" de marzo

O 9 de marzo de 1695 nacía Pedro José Alonso García, quen ao profesar como beneditino toma o nome de frei Martín Sarmiento. Estamos, pois, ante o 336 aniversario do seu nacemento, unha boa ocasión para dedicarlle a "Peza do mes".

Habitualmente o Museo Arqueolóxico de Ourense fai unha presentación pública na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características da obra escollida. Non obstante, co fin de garantir a saúde de visitantes e traballadores/as, e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación coa COVID-19, continúase coa cancelación das actividades presenciais. De todos modos, a publicación virtual sobre esta peza está dispoñible en PDF nesta ligazón do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se poden ver máis polo miúdo as características e o contexto deste caderno e do seu autor, a cargo, neste caso, de Justo Carnicero Méndez-Aguirre.

A sala de exposicións "Escolma de escultura" si que está aberta ao público.

Por outra banda, as persoas que precisen realizar algunha consulta poden facelo a través do enderezo electrónico mapour@xunta.gal ou no teléfono 988 788 439.