23 de abril do 2020 O Observatorio de Museos de España publica os primeiros resultados da enquisa elaborada por NEMO

Na web do Observatorio de Museos de España (OME) veñen de crear unha nova pestana para acceder a todas as enquisas e estudos que se xa se remataron ou aínda se están a elaborar sobre o impacto do COVID-19 no sector museístico europeo.

Pódese acceder ás enquisas realizadas por:

  • NEMO (Network of European Museum Organisations)
  • ICOM (International Council of Museums)
  • Ibermuseos
  • ACRE (Asociación Profesional de Conservadores-Restauradores de España)

 

Xa se poden consultar os primeiros resultados da enquisa elaborada por NEMO, na que tamén participaron os museos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis información