Ir o contido principal

O Museo do Viño celebrou unha xornada sobre a tracción animal moderna e o emprego de animais na viticultura

Un momento da xornada

O 16 de novembro o Museo do Viño, situado en Santo André de Camporredondo (Ribadavia, Ourense), organizou a Xornada de difusión e demostración da tracción animal moderna e do emprego de animais na viticultura, que contou coa colaboración da Evega (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) e de Boaga (Federación de razas autóctonas de Galicia), entre outros.

Ao rematar a xornada, asistiuse a una demostración práctica dos traballos en viña usando a tracción animal, con Alfred Ferris García, e das súas vantaxes fronte á maquinaria pesada que, como o seu propio nome indica, compacta o chan e xera estratos aeróbicos, mentres que coa tracción animal os solos son moles e sans. Estes son algúns dos motivos polos que estas prácticas se conservan en viñedos de países como Francia.