Ir o contido principal

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a súa "Peza do mes" de xuño

A "Peza do mes" de xuño é do xacemento de Castromao.

O vaso votivo atopado nas escavacións do castro de Castromao, no sur de Ourense, é un fragmento dunha excepcional xerra decorada, con grandes incógnitas sobre o seu uso.

Habitualmente, o Museo Arqueolóxico de Ourense fai unha presentación pública na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características do obxecto escollido. Non obstante, co fin de garantir a saúde de visitantes e traballadores/as, e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación coa COVID-19, continúase coa cancelación das actividades presenciais. Porén, a publicación virtual sobre esta peza está dispoñible en PDF nesta ligazón, onde se poden ver máis polo miúdo as características e semellanzas desta peza, a cargo, neste caso, de Alba Antía Rodríguez Nóvoa.