Ir o contido principal

O Etnolóxico de Ribadavia colabora na recuperación do forno de cal de Santo Adrán de Cobres

Cartel con foto do forno de cal

Este traballo de recuperación é froito da vontade conxunta do Museo Etnolóxico de Ribadavia e do CPI Toural de Vilaboa (Pontevedra) de colaborar nun plan de estudo e recuperación deste ben patrimonial encamiñado á participación da comunidade educativa, ofrecéndolle a posibilidade de explorar dentro e fóra das aulas certas chaves relevantes sobre a construción da identidade colectiva local. Así, conseguiuse recuperar o traballo de protección iniciado pola Asociación O Barqueiro, e sumar o apoio do Concello de Vilaboa, para que a memoria das persoas que traballaran no forno formen parte da historia.

Dende o 4 de febreiro, tras o proceso de reintegración, o forno de cal de Santo Adrán de Cobres volve ser visitable.