Ir o contido principal

Nova convocatoria das bolsas Xunta de Galicia/Fulbright para ampliar estudos artísticos nos Estados Unidos

Cartel

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América convocan 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos nos Estados Unidos en calquera especialidade ou área de actividade artísticas, incluídas pero non limitadas a: artes audiovisuais; artes escénicas; artes plásticas e visuais; música e musicoloxía; museoloxía e conservación do patrimonio; e xestión cultural.

Presentación de solicitudes: desde o 7 de novembro de 2022 ata o 12 de xaneiro de 2023 na páxina web da Comisión Fulbright.

Requisitos: nacionalidade española; estar vinculado/a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos ou traxectoria profesional; dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense; coñecemento de inglés adecuado para desenvolver o proxecto.

Dotación da bolsa: viaxe de ida e volta e gastos varios, ata un máximo de $2.600; asignación mensual entre $1.485 e $2.925; gastos de matrícula, taxas obrigatorias e outros gastos necesarios para desenvolver o proxecto presentado ata $10.000; seguro de enfermidade e accidente.

Sesión informativa en liña: xoves 15 de decembro ás 17 h.

 

Ligazóns