5 de agosto do 2020 Inauguración dunha exposición fotográfica no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Onte martes 4 de agosto, inaugurouse "Antropoloxía Visual dunha Sociedade Confinada" unha nova exposición no Museo Etnolóxico, en Ribadavia. Tal como indica o seu nome, o seu fío condutor non é outro que a recente crise sanitaria que supuxo un cambio nas vidas de todos nós. Tamén a pandemia da Covid-19 é referencia para esta mostra, pois é a primeira que se abre ao público neste museo tras o período de confinamento, un intento como outros de recuperar a ansiada “normalidade” voltando aos espazos públicos.

O título da exposición é ilustrativo das súas intencións: "Antropoloxía Visual dunha Sociedade Confinada", que reflexiona sobre o impacto social a través das fotografías de Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Miguel Muñíz, Miguel Riopa, Mónica Vila Ferreirós, Óscar Corral, Óscar Pinal, Rosiña Rojo e Santi M. Amil e os vídeos realizados por Ainhoa Viñuela Don e Blanca Selas Chao.

Galería

  • Inauguración dunha exposición fotográfica no Museo Etnolóxico de Ribadavia