As actividades do Día Internacional dos Museos no Museo das Peregrinacións e de Santiago clausuráronse co Obradoiro de Torques Castrexos

Baixo o lema do #DIM_2022 "O poder dos museos" produciuse unha extraordinaria mestura de tradición e innovación con este antiquísimo símbolo de poder de referencia. O obradoiro proporcionou a canle para deixar renda solta a liberdade creativa desde a percepción dos pequenos e pequenas da casa.
Os asistentes ao taller visitaron a súa vez os obxectos de ourivaría castrexa expostos no Museo. Deste xeito contextualizaban en primeira persoa estas pezas arqueolóxicas tan significativas do noso pasado.
Na planta baixa do #MDPS pódense ver estes interesantes tesouros arqueolóxicos.