Ir o contido principal

Museo Provincial do Mar

O Museo do Mar nace en 1969, como froito da gran paixón do mestre D.Francisco M. Rivera Casás por recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar. Dende os seus inicios pretende reflectir a vida mariñeira da costa lucense e amosa-la súa riqueza biolóxica e etnográfica. O edificio que serve de sede ao museo construíuse no ano 1931 para albergar a Escola Unitaria de San Cibrao.

O museo consta de catro salas: A primeira sala recolle a sección de documentación gráfica e mecánica naval. Na segunda sala amósanse fondos de etnografía e fauna mariña: artes de pesca tradicionais, traiñón, a pesca da balea, osos de mamíferos mariños, peixes desecados. A terceira sala está dedicada á fauna e flora mariñas: malacoloxía, algario, corais, crustáceos, equinodermos, fósiles. Por último, na sala cuarta pódese ver a sección de navegación dedicada por un lado á construcción naval e por outro á navegación cunha colección de cartas náuticas, instrumentos, sinais, áncoras, nós etc. No exterior do museo exponse unha colección de áncoras e canóns.

http://www.museolugo.org

Avda. da Mariña, s/n. San Cibrao
27890 , Cervo

Tlf. 982594572
museodomar@museolugo.org

Horario

Horario de inverno (Outubro – Maio)
De martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Luns pechado

Horario de verán (Xuño – Setembro)
De martes a sábado: De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos: De 10:00 a 15:00
Luns pechado

Este Museo permanecerá pechado o 1 de xaneiro (Aninovo), 22 de maio (Sta. Rita), 16 de xullo, 16 de agosto; 24, 25 e 31 de decembro.


Tarifas

Entrada gratuíta