O Museo Militar Rexional da Coruña é un museo de historia que a través dunha rica e variada exposición permanente informa e testemuña as vivencias e as inquedanzas dos exércitos, e ofrece a posibilidade de aproximarse a unha comprensión máis integral e realista do pasado.
Cunhas orixes seculares, pois parte das súas coleccións datan de mediados do século XIX, o actual museo goza dunhas modernas instalacións inauguradas en 1992 na que se mostran fondos dende o século XVII ata mediados do XX, na súa maioría das seguintes tipoloxías: ciencia e tecnoloxía, belas artes, armamento, municións, recordos, maquetas, bandeiras, condecoracións, documentos, uniformes e mobiliario.
Realiza numerosas actividades de diverso tipo nun esixente programa anual, como recreacións históricas; teatro infantil; concursos de redacción, fotografía e outros; xogos; buscas e actividades lúdicas dentro do museo relacionadas cos obxectos expostos; concertos; cine de temática militar e exposicións temporais.
Trátase en fin dun museo militar, que ofrece unha visión histórica ecuánime, dende o respecto a tódalas ideas e valores actuais.
Praza de Carlos I, 1
15001 , Coruña, A
Tlf. 981205300 / 981206791
Fax 981206791
mhmilcor@et.mde.es
Horario
Luns a sábados de 10 a 14 e de 17 a 19.30 h
Domingos e festivos de 10 a 14 h
Tarifas
Entrada gratuíta