Ir o contido principal

Museo Etnográfico da Limia

O museo está instalado na antiga casa rectoral da parroquia de Vilar de Santos. Ten seis salas nas que se mostran aspectos relevantes da vida tradicional da vila.

A sala da Limia está dedicada á mostra de aspectos socioeconómicos da comarca. A sala do liño recrea os procesos de transformación da planta en tecido. A sala dos oficios consta de pequenas reproduccións dos lugares de traballo para a cantería, a forxa e a carpintería. A sala da pataca dedicase ó cultivo da pataca que é, na actualidade, unha das principais fontes de ingresos. Na sala da casa recóllese o espazo privado das xentes da Limia: cociña e leito coa súa moblaxe e co enxoval. O agro está representado no patio no que se poden ver útiles e aparellos de labranza e gandería.

Ademais, conta cun taller de tecidos artesanais en activo, tenda de lembranzas e biblioteca especializada. No museo concértanse visitas guiadas, sendo os guías artesáns hoxe retirados que falan dos seus oficios.

http://www.museodalimia.com

Rúa Celanova, 63
32650 , Vilar de Santos

Tlf. 988465883
Fax 988465863

museodalimia@vilardesantos.com

Horario

Luns a Venres de 10:00 a 14:00 h. con cita previa
Sábados e Domingos de 11:30 a 13:30 h. e de 16:00 a 18:00 h.


Tarifas

Entrada gratuíta
Donativo voluntario de 2€ para a Asociación Padroado do Museo Etnográfico