Ir o contido principal

Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo

Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo

O museo

O Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo foi creado a principios de 1968. Posteriormente fixéronse ampliacións ata chegar a ocupar un bo número de estancias do edificio catedralicio.

É de salientar o conxunto de alabastros ingleses do século XV dos obradoiros de Londres e Nottingham, o retablo da Magdalena cunha imaxe do século XV, grandes táboas flamengas do século XVI e a exposición de importantes pezas de prata e marfil: báculos, bandexas, cálices, custodias, cruces procesionais e candeeiros.

Na parte alta destacan os dous grandes salóns góticos nos que se expoñen retablos, óleos, unha colección de mais de 300 esculturas, grandes libros corais e unha colección de vestimentas litúrxicas de gran valor histórico e artístico.

https://catedralmondoñedo.com

Praza da Catedral, s/n
27740 , Mondoñedo

Tlf. 673 568 709
cmondonedo@artisplendore.com

Horario

Marzo | Abril | Outubro
Luns: 10:30 - 14:30
Martes: pechado
Mércores, xoves, venres e sábado: 10:30 - 14:30 / 16:00 - 18:00
Domingo: 13:00 - 18:30
Maio - Setembro
Luns - mércores: 10:30 - 14:30 / 16:00 - 18:30
Xoves - sábado: 10:30 - 18:30
Domingo: 13:00 - 19:30
Novembro - Febreiro*
De luns a sábado: 10:30 - 14:30
Domingos: pechado
*Xaneiro pechado


Tarifas

Xeral: 7 €
Maiores de 65 anos: 6,50 €
Mocidade (de 13 a 18 anos e estudantes ata 25): 6 €
Peregrinos/as (presentando acreditación): 5,00 €
Menores de 12 anos: gratuíta
Grupos de máis de 15 persoas: 4 €
Grupos guiados: 10 €
Reserva de grupos
Os grupos que estean interesados en realizar visitas guiadas deben facer reserva por correo electrónico (cmondonedo@artisplendore.com) ou telefónica (673 568 709)