Ir o contido principal

Museo Arqueolóxico de Santa Trega (Masat)

Museo Arqueolóxico de Santa Trega (Masat)

O museo

O museo foi creado pola Sociedade Pro-Monte no ano 1917, ocupando nun principio uns locais na vila da Guarda ata que en 1953 foi trasladado ao actual edificio no propio castro, no cume do monte de Santa Trega, que lle dá o nome a ambos.

No referente á datación do castro hai bastante consenso en situalo entre o século I a.C. e o I d.C., polo menos a época de maior apoxeo do asentamento. Esta é a cronoloxía da maior parte das pezas que se expoñen no museo, aínda que ao longo das diferentes campañas de escavacións no castro e no contorno do monte atoparónse pezas doutras épocas: paleolítico, neolítico e idade de bronce, que tamén se expoñen no museo, e que parecen indicar que esta zona na desembocadura do Miño xa tiña habitantes dende épocas moi antigas.

http://www.turismoaguarda.es/masat/

Monte Santa Trega
36780, A Guarda

Tlf. 690 017 038
masat@aguarda.es

Horario

Inverno:
De martes a domingo de 11 a 17 h
Verán:
De martes a domingo de 10 a 20 h
Luns pechado
Pechado en xaneiro e ata o 15 de febreiro


Tarifas

Taxas de acceso ao monte Santa Trega
Coches: 3 € + pasaxeiros/as
Motos: 2 € + pasaxeiros/as
Caravanas: 4 € + pasaxeiros/as
Autobuses: só pasaxeiros/as
Entrada adultos/as: 1,50 €
Entrada reducida: 1 €
Visita guiada (inclúe entrada e guía)
Adultos/as: 5 €
Escolares: 3 €
Tarifas reducidas
Nenos/as de 6 a 14 anos, escolares non universitarios/as, Carné Xove e familia numerosa
Entrada gratuíta
Nenos/as ata 5 anos (incluídos), monitores/as, guías, chóferes