A Domus é un museo interactivo dedicado de forma global e monográfica ao ser humano, e encóntrase no Paseo Marítimo de Riazor, nun edificio construído polo arquitecto xaponés Arata Isozaki.
O lema deste museo é "Coñécete a ti mesmo, como individuo e como especie". Busca espertar a curiosidade e provocar a reflexión sobre a nosa especie. Todo iso sen prescindir da diversión, o ingrediente máis estimulante en calquera actividade humana.
A visita. Experimentar coa propia sombra, comprender por que nos parecemos aos nosos proxenitores, medir a velocidade dun tiro de penalti ou contemplar imaxes dun parto real son algunhas das propostas a descubrir durante a visita. A exposición “Xogos de neuronas. Pezas da intelixencia humana” ten como elemento máis emblemático unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas na súa meirande parte por escolares galegos, e propón actividades que poñen en práctica as diferentes habilidades das persoas, como intentar relaxarse para gañar nun xogo que mide a actividade cerebral, realizar un debuxo seguindo instrucións verbais, ou probar os reflexos e a axilidade nun panel con botóns a diferentes alturas que hai que tocar cando se acenden.
A sección adicada á evolución humana invita a coñecer as nosas orixes e as características que nos diferencian como especie. Permite levar de recordo unha foto de familia xunto aos nosos antepasados homínidos ou afinar a puntería cuns bisontes de Altamira.
A oferta da Domus complétase cos contidos da súa sala de exposicións temporais, unha sala de cine 3D dixital e un Laboratorio Aberto.
Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 , A Coruña
Tlf. 981 189 840
Fax 981 189 841
domus@casaciencias.org
Horario
INVERNO (xaneiro e febreiro)
De luns a venres: de 10.00 a 18.00 h
Sábados, domingos e festivos: de 11.00 a 19.00 h
1 e 6 de xaneiro: pechado
PRIMAVERA (de marzo a xuño)
De luns a domingo: de 10.00 a 19.00 h
VERÁN (xullo e agosto)
De luns a domingo: de 10.00 a 20.00 h
OUTONO (de setembro a decembro)
De luns a domingo: de 10.00 a 19.00 h
24 de decembro: de 10.00 a 14.00 h
31 de decembro: de 10.00 a 14.00 h
25 de decembro: pechado
Tarifas
Entrada xeral: 2 €
Tarifa reducida: 1 €
Cine 3D: 4 €
Cine 3D tarifa reducida: 2 €
As tarifas reducidas aplícanse a menores de 16 anos; maiores de 65; desempregados/as, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.