Ir o contido principal

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias ten a súa sede nun palacete situado no Parque de Santa Margarita. O edificio de planta octogonal ten as salas dedicadas a exposicións interactivas, e na cúpula encóntrase o planetario. Este centro de ciencia interactivo, que foi o primeiro en España de titularidade pública, achega a ciencia aos cidadáns a través de módulos que responden á acción do visitante con comportamentos que espertan a curiosidade e invitan a expor e resolver preguntas. 

O elemento más emblemático deste museo é o seu planetario dixital, no que se pode aprender a recoñecer estrelas, constelacións, planetas e outros obxectos observables a primeira ollada. Os programas abordan todo tipo de cuestións de astronomía e ademais conta con sesións especiais para nenos/as. 

Este centro presta unha atención especial á actualidade da ciencia. "A astronomía como cha contan" é unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do sistema solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.

 

https://www.coruna.gal/mc2/gl/casa-das-ciencias

Parque de Sta Margarita s/n
15005 , Coruña, A

Tlf. 981189846
Fax 981189847

info@casaciencias.org

Horario

INVERNO (xaneiro e febreiro)
De luns a venres: de 10.00 a 18.00 h*
Sábados, domingos e festivos: de 11.00 a 19.00 h*
1 e 6 de xaneiro: pechado
PRIMAVERA (de marzo a xuño)
De luns a domingo: de 10.00 a 19.00 h*
VERÁN (xullo e agosto)
De luns a domingo: de 10.00 a 20.00 h*
OUTONO (de setembro a decembro)
De luns a domingo: de 10.00 a 19.00 h*
24 de decembro: de 10.00 a 14.00 h*
31 de decembro: de 10.00 a 14.00 h*
25 de decembro: pechado
*O acceso péchase 15 minutos antes


Tarifas

Entrada xeral: 2 €,
Tarifa reducida: 1 €
Planetario dixital: 2 €
Planetario dixital con tarifa reducida: 1 €
As tarifas reducidas aplícanse a menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; e Carné Xove e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.