Ir o contido principal

Casa da Navegación

Casa da Navegación

O museo

Situada no casco histórico de Baiona, na coñecida Casa Carvajal, a Casa da Navegación de Baiona é unha institución municipal que alberga unha colección que mostra a evolución histórica, urbana e social da Real Vila, destacando as privilexiadas relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel transcendental que xogou seu porto na historia da navegación atlántica.

Esta colección permítenos coñecer e afondar no noso legado histórico a través da exposición de fondos propios, documentos antigos que atesoura seu arquivo histórico, facsímiles de documentos relacionados coa vila, depositados e custodiados noutras institucións museísticas, pezas recuperadas procedentes das intervencións arqueolóxicas e subacuáticas no termo municipal de Baiona e a súa liña costeira, e da cesión de pezas, documentos e portulanos pertencentes á coleccións particulares.

A exposición está distribuída en catro áreas temáticas e trece módulos. A planta baixa está dedicada á contextualización xeográfica e á orixe e evolución da vila. A primeira planta estrutúrase noutros dous ámbitos: o porto e seus significados social, urbana e histórica, a arte e perigos da navegación con referencia a pecios e afundimentos.

Rúa Ventura Misa, 17
36300, Baiona

Tlf. +34 986 356 688
casa.navegacion@baiona.org

Horario

De martes a sábados: de 10:00 a 13:00 h e de 16:00 a 19:00 h


Tarifas

Tarifa xeral: 2 €
Tarifa combinada Casa da Navegación e Carabela Pinta: 3 €
Tarifa reducida: grupos escolares/estudantes (+15) acompañados de titores/as ou profesores/as; titulares do Carné Xove; pensionistas; membros de familia numerosa (previa presentación do documento acreditativo correspondente): 50% de desconto.
Tarifa gratuíta: menores de 6 anos; persoas con discapacidade; persoal docente e guías oficiais de turismo (previa presentación do documento acreditativo correspondente).
Entrada libre: Día Internacional dos Museos (18 de maio) e Día do Turista.