We refugees
Aínda que nos últimos anos as noticias televisivas e o periodismo catapultaron á primeira plana o fluxo de refuxiados como un problema, a historia do século XX está atravesada polo drama de conflitos e millóns de persoas desprazadas, exiliadas, expatriadas e refuxiadas. A propia historia da humanidade está construída desde o desprazamento forzoso, a fuxida e o asilo. Este proxecto retoma o título dun coñecido ensaio de Hannah Arendt publicado en 1943 en Menorah Journal, unha prestixiosa revista xudía de Nova York, co obxectivo de indicar e sinalar a universalidade do exilio e a construción de sociedades democráticas desde a protección do dereito de asilo.
A exposición trata de resituar o problema dos refuxiados desde unha perspectiva complexa, evitando os elementos sensacionalistas da inmediatez periodística e apuntando a unha reflexión máis histórica que teña en conta o modo no que as nosas sociedades se construíron igualmente desde o exilio, co exilio e a través do exilio.
Comisario/a: Piedad Solans, Santiago Olmo
Artistas participantes:
PEGGY AHWESH
CAROLE ALFARAH
EUGENIO AMPUDIA
FRANCISCO DE GOYA
SUSO FANDIÑO
ÂNGELA FERREIRA
ROLAND FISCHER
MARCOS ÁVILA FORERO
REGINA JOSÉ GALINDO
MARIAM GHANI
ELNAZ JAVANI
ROGELIO LÓPEZ CUENCA Y ELO VEGA
ANTONI MUNTADAS
ADRIAN PACI
JESÚS PALOMINO
EL PERRO
ALEXANDRA RANNER
LARISSA SANSOUR
WAEL SHAWKY
CLAUDIO ZULIAN