Ir o contido principal

Visita Galicia. Proxecto editorial realizado en 1929 polo fotógrafo Ksado Proxecto Ben_s_vidos

Visita Galicia. Proxecto editorial realizado en 1929 polo fotógrafo Ksado

Unha das partes máis importantes do museo é tamén unha das máis descoñecidas: os almacéns. Neles consérvase a colección do Museo Etnolóxico, unha colección en continuo crecemento. Co novo ano, o museo comeza un proxecto no que amosar as novas pezas que chegan ao almacén: “Ben[s]vidos”

“Ben[s]vidos” iníciase coa exposición do proxecto editorial «Visita Galicia» realizado en 1929 polo fotógrafo Luis Casado, máis coñecido como “Ksado”. A través da exposición de dúas pranchas de estampas poderedes coñecer a riqueza do patrimonio artístico e natural galego, ademais da vida costumista e unha serie de retratos que, en conxunto, conforman o primeiro arquivo fotográfico que contén unha visión xeral de Galicia.

A exposición complétase cun vídeo que vos achegará á vida de Ksado, así como ao uso que se lle deron a estas estampas na súa época, un uso que poderedes descubrir vindo a visitar o museo.