Ir o contido principal

Vespa velutina: unha invasión imparable

O Museo de Historia Natural da USC, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), o CIFP Politécnico de Santiago e diferentes grupos de investigación das universidades galegas, organizou a exposición "Vespa velutina: unha invasión imparable".

A mostra explica os danos e ameazas que a vespa representa para a nosa biodiversidade, saúde e seguridade cidadá e os principais impactos socieconómicos, principalmente no sector da apicultura.

Ademais, preséntanse os resultados de diferentes liñas de investigación sobre diversos métodos de control, como son a loita biolóxica, os biocidas e o emprego de trampas eléctricas.

Ligazóns