Ir o contido principal

Tras a Sombra do Tempo: O Fotógrafo no Museo

Esta mostra pretende dar a coñecer o traballo dun dos departamentos dun museo que polo xeral non teñen visibilidade cara ao público: o de documentación.

Amais, é unha oportunidade de recoñecer o traballo desenvolvido durante décadas no MAPOU polo fotógrafo Fernando del Río. Expóñense máis de cen fotografías mostrando a importancia e a diversidade de fins que a fotografía ten nun museo.

A mostra se completa con fotografías do autor á marxe da súa profesión como empregado público, así como cunha selección de máquinas fotográficas de diferentes formatos.

Comisariada por Tatiana Fernández Llanes, a mostra está aberta ao público na Sala do Centro Cultural Ángel Valente, cedida polo Concello.