Ir o contido principal

Ourense anos 20 A exposición producida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense chega agora ao Museo Etnolóxico de Ribadavia

Ourense anos 20

A exposición producida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que estivo con anterioridade no Centro Municipal José Ángel Valente de Ourense, chega agora ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Preténdese destacar mediante unha serie de copias fotográficas diversos aspectos da vida social, económica e cultural da cidade ourensá e da provincia, durante a década dos anos vinte do século pasado, recollendo na mesma 33 copias fotográficas das 40 que conformaban dita exposición orixinaria e nas cales se reflicte unha temática variada nas que destacan aspectos como a cultura e o galeguismo, a ditadura e a monarquía, ocio, deporte, vida social, indumentaria, educación e a arte, entre outras cousas.

As fotografías proceden de particulares e de institucións como o Arquivo do Concello de Allariz, o Arquivo da Deputación de Ourense, o Arquivo Municipal de Ourense, a Biblioteca da Deputación de Ourense, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do Museo Etnolóxico e do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.